Esquece Monelos

Documental de Ángeles Huerta

  • LA PELÍCULA
  • EL RÍO
  • LA DIRECTORA
  • CONTACTO
  • Galego

A PELÍCULA

Esquece Monelos, producida por Danga Danga Audiovisuais,  é a primeira longametraxe da directora Ángeles Huerta.

O documental válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida mesma de quen conta a historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o avance inexorable do tempo.

Esquece Monelos foi galardoado con 3 premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual: Mellor documental, mellor fotografía (Jaime Pérez) e mellor montaxe (Sandra Sánchez).

 

07-fotograma

FACEBOOK - TWITTER