Ángeles Huerta é natural de Xixón, aínda que leva 14 anos radicada en Galicia. É doutora en Literatura Comparada e realizou estudios de dirección cinematográfica na Met Film School de Londres. A súa última curtametraxe, The Fetch, seleccionada na “Short Film Corner” do Festival de Cannes, levou galardóns como o de Mellor Guión no Festival de Cans, así como unha grande acollida en diversos festivais internacionais. Esquece Monelos é a súa primeiralongametraxe.